lunes, 5 de enero de 2009

Para cando apetecen flocos e non "palomitas".

Boa noite de reis a todas e todos. Aproveito para actualizar, antes de que se me esqueza, aportándovos un enlace bastante recente, que ten relación tanto co tema do vídeo na web como co noso proxecto de galería audiovisual.
Trátase de http://flocos.tv, un portal auspiciado pola Axencia Audiovisual Galega que ten como misión compilar todo tipo de filmes da historia do audiovisual galego (ficción, animación, documental, experimental, curtas, medias e longas) e poñela á disposición de calquera, para que non apodreza todo nos fondos do CGAI. Aínda que comezou en decembro, estiven botando unha ollada e xa hai cousiñas bastante interesantes (sempre é agradable atopar cousas boas e da casa) e o propio deseño do portal é vistoso. Espero que vos preste, apertas!

viernes, 2 de enero de 2009

Spots de Nadal

Nestas datas é complicado ver a televisión para todos aqueles que odian o Nadal. Spots de xoguetes, colonias e dalgún que outro producto típico destas festas colapsan o espazo publicitario en todas as cadenas.

Todos os anos o spot quizáis máis esperado é o de Freixenet, que sempre esperta gandes expectativas. Qué será do Nadal sen as míticas burbullas de Freixenet? Xunto a estes repítense ano tras ano outros como o de El Almendro co seu "Vuelve a casa por Navidad" ou o de Famosa coa súa canción "Las muñecas de Famosa se dirijen al portal..."(8)

Este no botei de menos o impacto que o Nadal pasado si acadou o spot navideño de Coca-Cola, supoño que vos lembraredes del. Grazas ao todopoderoso Google conseguín ver o spot deste ano, mais non sei se se chegou a emitir (tamén é verdade que non vexo moito a tele).

Dende o meu punto de vista os spots que, xeneralizando, se levan a palma son os de colonias. Tanto dende o punto de vista musical, como estético, etc. Cal é a vosa opinión?