Considerando que determinados aspectos do programa xa foron debatidos nas clases anteriores, por exemplo a relación entre o deseño e a funcionalidade para o usuario, propoñemos analizar en profundidade e en conxunto as relacións entre o audiovisual e os soportes hipermedia.
Por unha parte, levaría a afondar na función que exerce o vídeo como contido web a nivel de deseño (en que medida mellora a navegación ou que aporta ao formato global da páxina) e por outra cabería reflexionar sobre a medida en que os novos medios contribúen á democratización dos contidos; todo usuario ten a capacidade de facer a súa aportación en portais especializados de difusión audiovisual, e sobre estes tamén sería interesante facer comentarios. Por exemplo a aparición de Youtube como plataforma global e outras como Vimeo para contidos máis profesionais dada a súa maior calidade e definición.
Para concretalo un pouco, algunhas das cuestións sobre as que se podería iniciar o debate serían ¿que función exerce o formato videográfico dentro da web?, ¿en que medida mellora a experiencia do usuario?, ¿é un beneficio a oportunidade de difundir vídeos persoais para calquera ou só dificulta o acceso aos realmente interesantes?, etc.