Booas tardes, espero que todos quededes satisfeitos coas notas, se non revisión ás 03:00 do luns no despacho JK46 da Facultade de CC. da Comunicación ;).
Radioactivos: 8.25
Pros:
- Concisión y navegabilidade, tanto de deseño como de contido.
- A sobriedade na elección das cores, adecuada.
- En xeral, o traballo ben realizado cos tres programas.
Contras:
- A nivel de contido, non hai case nada de colleita propia.
- O espazo limitado constrinxe demasiado a información.
- Precisaría dalgún elemento dinámico (poder manipular as rodas, por exemplo).
Quetequero: 9
Pros:
- Un traballo de flash moi considerable que se agradece.
- A estruturación e a navegabilidade son moi profesionais.
- Os debuxos están estupendos.
Contras:
- As cores son un pouco abigarradas.
- Aínda que a idea está bastante ben espremida non me acaba de atraer.
- Algunhas tipografías son un poco agresivas (moi grandes, anchotas).
tuttifrutti: 7.75
Pros:
- Facilidade de manexo.
- Todo o que hai está xustificado, no hai cousas en exceso.
- Tomar a molestia de crear contidos para encher as distintas seccións.
Contras:
- As combinación de cores entre frames non acaban de encaixar.
- É un pouco horterilla (sen ánimo de ofender).
- Algúns aspectos descoidados (botóns de retorno, páxinas sen nome).
Ken&theDolls: 8
Pros:
- A páxina cumple as súas funcións e requisitos como website dun grupo, moi importante.
- Tamén ten elementos de todo tipo sin recargala, non hay problemas de carga nin nada.
- Transmite boas vibracións e resulta simpática, en xeral.
Contras:
- Cumple as súas funcións, pero tamén falta innovación na estrutura.
- Dá a sensación de que hai aspectos da web que poderían estar aínda mellor, pero que ese tempo dedicouse a traballar nas historias do grupo.
- O grupo en si, como base do proxecto, non innova demasiado (lembroume a Toy Dolls pero sen o punk e con algúns anos de retraso).
Zapa: 9.25
Pros:
- Podería ser perfectamente unha páxina profesional, por deseño, estrutura e todo o demais.
- Gústame todo o traballo de flash e a estética (o fondo de páxina é o que mellor pega de todas). Gran traballo sobre todo sendo só dúas!
- O protagonista é moi creativo e hai contido interesante.
Contras:
- Que custe cargar un pelín a intro.
- Algún pequeno cabo solto (documento sen título), aínda que case sen importancia.
- Quizais a parte de traballo no contido case estaba resolta dende un principio (que ben por vós, por outra parte xD).
Artesala: 8.75
Pros:
- A idea tene o seu punto orixinal, divertido e persoal.
- As animacións e o traballo en flash están moi ben.
-Bastante traballo para as diferentes parodias.
Contras:
- Redundancia entre o menú da dereita e o salón.
- Algúns elementos están desencaixados do fondo e molesta un poco.
- Non me acaba de gustar algún fondo o determinadas cores (cousas máis de gusto persoal, esta non ten moita relevancia).
Minimalab: 8
Pros:
- O deseño é moi conciso, comunicativo y de bo gusto.
- A concepción da empresa e demais convérteo nun proxecto realizable máis aló das prácticas de clase.
- Non hai elementos que recarguen ou molesten.
Contras:
- A nivel de contido non hai apenas traballo, só certo labor de recopilación.
- A animación introdutoria no acaba de ter sentido, podería estar algo mellor concibida.
- O nome e o logotipo poderían ser máis efectivos.
Oitenteiros: 8
Pros:
- Fetén o traballo do vídeo de presentación.
- Manexo moi intuitivo e ser o que pretende.
- Un deseño animado e alegre acorde co tema a tratar.
Contras:
- O contido introducido é bastante impreciso, a páxina ten algo de caixón de xastre.
- Os labores de photoshop non acaban de convencer (os mosaicos para os fondos non concordan co liso dos frames de encabezado e menú, o recorte de imaxes está feito un pouco ás presas).
- Falta algunha animación flash para dar algo de dinamismo.
Aolimite: 8.25
Pros:
- Aínda que o tema non me convencía está resolto dun xeito animado e divertido.
- Hai un traballo notrable na recopilación de contido e este tamén é interesante.
- O fondo do corcho paréceme boa idea.
Contras:
- As cousas son tan grandes que os scrolls ás veces fanse interminables.
- Algunhas capas de dreamweaver quedan como pegotes en branco enriba dos fondos.
- Visualmente resulta algo saturada.
Wonderful 5: 8
Pros:
- O concepto do que parte a páxina é orixinal e está ben resolto coa idea da empresa de seguridade.
- A combinación de cores é moderna e atractiva.
- A estruturación de capas e toda a organización fana cómoda
Contras:
- Ter que estar parando sistematicamente a música en cada unha das páxinas.
- A pouca pluralidade de contidos (meter algunha sección máis).
- A imaxe da introdución é un pouco pesada e custa cargar.
Guioniza: 8.25
Pros:
- Coherencia e concisión de deseño.
- A súa lixeireza (non creo que saturala de contidos multimedia tivese moito sentido), que procura unha consulta de arquivo moi áxil e e compatible coa carga de outras páxinas.
- As ideas de contido da páxina: os contidos puntuais e o propio concepto teñen sentido máis aló do proxecto para clase.
Contras:
- É posible que a moitos áinda vos custase cargar a páxina na rede; descoñezo a razón e non debería.
- Tedes razón os que dixestes que a imaxe do fondo ten demasiado ruído e debería estar máis limpa.
- Poderiamos ter traballado algunha outra animación e dar algo máis de vitalidade ao deseño da interfaz.
Mission Impossible Fallout Full Movie Images
Hace 6 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario