martes, 17 de febrero de 2009

Videoteca Galega

Tendo en conta que a ultima entrada era un post feito polo señor rubio publicitando a web de flocos, eu querería aproveitar para facer o mesmo con Videoteca Galega, unha web que sen tantos medios e apoios como ten flocos cumpre este mes un ano de vida facendo básicamente o mesmo respecto á publicitación do audiovisual galego.

Como de costume, esto ten ventaxas de cara a liberdade e independencia que teñen, pero tamén a desventaxa dun deseño quizais menos atractivo que o de flocos. Vos escolledes as vosas preferencias. As cartas están sobre a mesa.