martes, 17 de febrero de 2009

Videoteca Galega

Tendo en conta que a ultima entrada era un post feito polo señor rubio publicitando a web de flocos, eu querería aproveitar para facer o mesmo con Videoteca Galega, unha web que sen tantos medios e apoios como ten flocos cumpre este mes un ano de vida facendo básicamente o mesmo respecto á publicitación do audiovisual galego.

Como de costume, esto ten ventaxas de cara a liberdade e independencia que teñen, pero tamén a desventaxa dun deseño quizais menos atractivo que o de flocos. Vos escolledes as vosas preferencias. As cartas están sobre a mesa.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Está ben a idea de pechar as bitácoras por peche de actividades.
Tamén hai que recordar a estrutura de carpetas que fixamos previamente e que en cada carpeta só estean os arquivos necesarios. Hai que limpar o que non sirva.
marotlo

Anónimo dijo...

A entrega e presentación dos proxectos será o vindeiro mércores, día 18, ás 17:00, na AI6.
Na presentación hai que contar:
- Razóns da elección do contido
- Razóns da elección do deseño. Rasgos diferenciadores
- Razóns do interese dó sitio
Aproveito para informarvos do taller:

Obradoiro de Técnicas de Animación Dixital (Flash)

Programa
Teoría da animación. Técnicas de animación con Flash. Fundamentos básicos da animación. Animación tradicional. Animación de símbolos. Animación con fontes
Conceptualización de proxectos e comprensión dos mecanismos da animación. Storyboard dixital. Aspectos básicos de programación en Action Script

Horas: 30

Horario: De 17:30 a 20:30 horas

Datas de realización: Do 14 ó 29 de abril

Periodo de preinscricion: Do 23 ó 28 de marzo

Lugar de preinscricion
Secretaría do Departamento de Ciencias da Comunicación (3º andar). Facultade de Ciencias da Comunicación.
Teléfono, 981 563100, extensión, 16522

Período de matrícula: Do 30 de marzo ó 7 de abril

Profesorado: Fran Pedreira

Número de alumnos
- Mínimo: 13
- Máximo: 23

Prezo matrícula: 70 euros.

1 crédito de libre configuración
marotlo

Anónimo dijo...

Para adiantar as vosas saídas de Compostela, quedamos ás 16:00 horas (en lugar das 17:00) na AI6.
marotlo

Mon Sozinho dijo...

Moitas gracias Lois, tanto por anunciar a nosa benquerida VIDEOTECA GALEGA como por resaltar que levamos máis de un ano con éste noso proxecto... Esperamos aportar un pouquiño de luz sobre as profundas augas da cultura. Sobre todo alumear alí onde o mercado non chega. Bicos e apertas; Seguimos en contacto!