Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de enero de 2009

Para cando apetecen flocos e non "palomitas".

Boa noite de reis a todas e todos. Aproveito para actualizar, antes de que se me esqueza, aportándovos un enlace bastante recente, que ten relación tanto co tema do vídeo na web como co noso proxecto de galería audiovisual.
Trátase de http://flocos.tv, un portal auspiciado pola Axencia Audiovisual Galega que ten como misión compilar todo tipo de filmes da historia do audiovisual galego (ficción, animación, documental, experimental, curtas, medias e longas) e poñela á disposición de calquera, para que non apodreza todo nos fondos do CGAI. Aínda que comezou en decembro, estiven botando unha ollada e xa hai cousiñas bastante interesantes (sempre é agradable atopar cousas boas e da casa) e o propio deseño do portal é vistoso. Espero que vos preste, apertas!