lunes, 10 de noviembre de 2008

Debatide isto, malditos

Considerando que determinados aspectos do programa xa foron debatidos nas clases anteriores, por exemplo a relación entre o deseño e a funcionalidade para o usuario, propoñemos analizar en profundidade e en conxunto as relacións entre o audiovisual e os soportes hipermedia.

Por unha parte, levaría a afondar na función que exerce o vídeo como contido web a nivel de deseño (en que medida mellora a navegación ou que aporta ao formato global da páxina) e por outra cabería reflexionar sobre a medida en que os novos medios contribúen á democratización dos contidos; todo usuario ten a capacidade de facer a súa aportación en portais especializados de difusión audiovisual, e sobre estes tamén sería interesante facer comentarios. Por exemplo a aparición de Youtube como plataforma global e outras como Vimeo para contidos máis profesionais dada a súa maior calidade e definición.

Para concretalo un pouco, algunhas das cuestións sobre as que se podería iniciar o debate serían ¿que función exerce o formato videográfico dentro da web?, ¿en que medida mellora a experiencia do usuario?, ¿é un beneficio a oportunidade de difundir vídeos persoais para calquera ou só dificulta o acceso aos realmente interesantes?, etc.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

o youtube engancha, podes encontrar case de todo e a verdade é que é bastante útil. está ben poder consultar todo tipo de cuestions audiovisuais sen moverte da casa. E vos erades o da idea do proxecto da paxina para recoller propostas audiovisuais, non? Estaría moi ben poder contar cunha paxina así para que se dean a coñecer persoas q merecen a pena :)

andrescsolla dijo...

grazas polo comentario e polos ánimos para o proxecto! un saudiño ;)

alvaro.anconitana dijo...

Ola. Opino que os videos na rede e nas webs son elementos de deseño que axudan a unha maior popularidade e o aumento dos rexistros de visitas.
Non obstante, é un claro impedimento técnico (actualmente nos contidos informáticos son os videos o elemento máis complexo).

YouTube non me parece nin de lonxe a mellor plataforma de videos na rede. Eu traballo con MegaVideo e con resultados moito mellores, ao final todo é unha estratexia de marketing das grandes empresas que acadan toda a popularidade.

Penso tamén que Vimeo ofrece unha calidade que en moitos casos queda limitada por problemas de carga e descarga. En todo caso ao final todo é un problema de formatos, non é tanto a plataforma como o formato de video, Youtube acepta cada vez máis extensións, é a clave está en buscar un bo punto entre velocidade e calidade que sexa interesante para o usuario.

Moi boa entrada. Apertas.

Álvaro.

Laura dijo...

Unha idea que pode aportar moito, ou polo menos a min que non teño moita idea :)Tamén me interesou moito a que propuxestes na clase e que faledes do tema de youtube.

Noraboa polo deseño do blog e moi boa a referencia a Reservoir Dogs nos nomes ;)

Bikos!:*

sarita cato-couce dijo...

Ummm... primero me gustaría saber quién es "dragard", porque si es Palo... me pensaré comentaros :P
No, en serio, hablando del tema, la verdad es que a mí youtube me parece algo que aporta muchas ventajas tanto para gente que sube sus propios videos como para los que buscan determinados contenidos, aunque a veces es verdad que hay tanto que ya no sabes qué es lo que merece la pena y qué no la merece.
Por otro lado lo de los videos en las páginas web me parece una buena idea pero creo que hay ocasiones en las que todavía les queda mucho por mejorar, tanto en calidad como en problemas que a veces sin razón aparente te impiden ver el video que buscas.
Sin más un besiño para todos (menos para Palo obviamente :P)
:********

@adr1kun dijo...

el tema es muy interesante (digo lo mismo en todos los blogs pero esq yo como soy tan ignorante tengo mucho q aprender en cualquiera de los temas propuestos). Yo creo q Youtube está bien, pero demasiado cargado de videos estupidos, q no pintan nada... ciberbasura!

Elena dijo...

Youtuve, Veoh, etc, son páginas fantásticas para encontrar contenidos absolutamente interesantes. Es cierto que a veces hay también una enorme cantidad de vídeos chorras, pero con alguno la gente aún se lo puede pasar bien no? xD

P.D: Tenemos un problema con el nombre de nuestro blog, podríais cambiar nuestro nombre, si os aparece como un punto, por el de Manhattan que sería el auténtico? Se hace desde tu lista de blog, en la herramienta (digo por si no sabéis)

Gracias!! ^^