viernes, 2 de enero de 2009

Spots de Nadal

Nestas datas é complicado ver a televisión para todos aqueles que odian o Nadal. Spots de xoguetes, colonias e dalgún que outro producto típico destas festas colapsan o espazo publicitario en todas as cadenas.

Todos os anos o spot quizáis máis esperado é o de Freixenet, que sempre esperta gandes expectativas. Qué será do Nadal sen as míticas burbullas de Freixenet? Xunto a estes repítense ano tras ano outros como o de El Almendro co seu "Vuelve a casa por Navidad" ou o de Famosa coa súa canción "Las muñecas de Famosa se dirijen al portal..."(8)

Este no botei de menos o impacto que o Nadal pasado si acadou o spot navideño de Coca-Cola, supoño que vos lembraredes del. Grazas ao todopoderoso Google conseguín ver o spot deste ano, mais non sei se se chegou a emitir (tamén é verdade que non vexo moito a tele).

Dende o meu punto de vista os spots que, xeneralizando, se levan a palma son os de colonias. Tanto dende o punto de vista musical, como estético, etc. Cal é a vosa opinión?

7 comentarios:

palo_ribadeo dijo...

a ver se con isto lle damos algo de vidilla ao asunto xD

Anónimo dijo...

Ola compañeiros:
Pois a verdade é que sí, eu vexo moita televisión, son algo adicta e chapei moitos spots deses consumistas, tódolos artículos se nos poñen aí diante dos ollos... En especial, os nenos, entránlles os xoguetes só por ese anuncio de televisión, póñovos o caso do meu primo que estaba entusiasmado e pediu por navidades un muñeco chamado Antón Zampón, que parecía unha cousa do outro mundo e cando llo regalaron xoguei con el e tal para ensinarlle como se facía, e era tan sinxelo como meterlle hamburguesas pola boca ata que se lle soltara o cinto, xD, e sabe deus cando costa ese xoguete, total que despois de comer, xa estaba xogando coa caixa, jajaja. (Recordo as palabras de Adrián)

Os spots nestas datas son datas apestosos como necesarios, a verdade é que eu, como me gusta bastante o nadal, botaría de menos o anuncio que comentastes El Almendro ou derivados. Son cousas típicas que tardarán en cambiar, pero como digo eu, non desesperedes, sempre haberá turrón de lacasitos¡¡ xD

Un bico rapaces
Ata dentro de 5 días, feliz anO¡¡

Anónimo dijo...

Perdón, no segundo parágrafo cambio un datas* por un tan*

(fe de erratas)

Andrea dijo...

Ola!!!

A verdade é que eu tamén son unha adicta da tele (digo por Vero e no por ti eh Palo XD) e este aniño papeime moitos anuncios... ainda que eu son das que lle encanta o nadal así que ver (e escoitar) os anuncios de bonecos, de freixenet, dos turróns, da loteria (ainda que na miña opinión o de este ano non valía para nada...) fai que me sumerxa máis no meu "estado navideño" XD.

Se son moi dibertidos, e teñen esas musiquillas que (ainda que non din máis que chorradas) son moi pegadizas.. ou non?Só me pasa a min???

Bicos!

Anónimo dijo...

a min o spot deste ano de freixenet pareceme moi bo. gústame moito e non se falou tanto del como cando os protagonizan estrellas de hollywood.
por outra parte, fai uns minutos vin tantos anuncios xuntos de perfumes que dixen "que pesados están" pero seguidamente pensei que eran os que mais me gustaban, sempre escollendo cancións bonitas ;)

un Bico

Anónimo dijo...

Creo que nadie poderá esquecer o anuncio de Coca-cola do ano pasado! Esta claro que este ano o impacto foi moito menor. De feito eu só recordo o cartel que vin nunha parada de bus hoxe… Por outra parte, a publicidade de nadal está moi saturada polos anuncios de colonia (na miña opinión) xa que hai espazos publicitarios adicados por completo e de forma exclusiva a ela. Por certo que me chamou bastante atención o anuncio de Naomi Watts ;)

la_anemona dijo...

teño que recoñecer que eu tampouco vexo moito a tele -con dicirche que hai dous días que me enterei de quen protagonizou o anuncio de Freixenet este ano...-, sen embargo, douche totalmente a razón: se os anuncios xa ocupan unha franxa de tempo excesiva,isto magnifícase ata o extremo no Nadal.

Debe haber como cousa de 300.000 anunciod de xoguetes, e por se non bastara que se repetisen cada dous por tres, os nosos sobriños e primos non paran de repetir as melodías que lles poñen coma unha letanía!!

Menos mal que xa empezan a deixar de emitilos unha vez rematado o Nadal...

un biquiño!