lunes, 5 de enero de 2009

Para cando apetecen flocos e non "palomitas".

Boa noite de reis a todas e todos. Aproveito para actualizar, antes de que se me esqueza, aportándovos un enlace bastante recente, que ten relación tanto co tema do vídeo na web como co noso proxecto de galería audiovisual.
Trátase de http://flocos.tv, un portal auspiciado pola Axencia Audiovisual Galega que ten como misión compilar todo tipo de filmes da historia do audiovisual galego (ficción, animación, documental, experimental, curtas, medias e longas) e poñela á disposición de calquera, para que non apodreza todo nos fondos do CGAI. Aínda que comezou en decembro, estiven botando unha ollada e xa hai cousiñas bastante interesantes (sempre é agradable atopar cousas boas e da casa) e o propio deseño do portal é vistoso. Espero que vos preste, apertas!

10 comentarios:

Anónimo dijo...

interesante!Grazas!
Boa noite de Reis :)

Vero dijo...

ola...que hai??

Pois xa entrei nesa páxina Andrés, paréceme bastante interesante, eu son bastante fan dos filmes da terra aínda que moitos/as me arruinen os plans á hora de escoller peli. xD

Que teñades sorte co proxecto.

Un bico

Anónimo dijo...

Gústame o deseño, moi acorde co que agora se está a levar.

E o contido tamén é interesante.

Apertas.

Elena dijo...

Grazas pola información!
:)

la_anemona dijo...

acabo de botarlle un vistazo a flocos.tv

gústame!!

seguide aconsellándonos propostas coma esta

:)

sarita cato-couce dijo...

Todavía no tuve mucho tiempo de mirar la página, pero por lo que vi parece interesante, siempre está bien conocer páginas nuevas, y más si son como esta.
Cuando la vea con detenimiento me pasaré por aquí de nuevo! :)
Un besazo :)

Alberto P dijo...

a verdade ek é moi interesante e bo que exista unha web así

un saúdo

Anónimo dijo...

Agardo ver na bitácora cousas vencelladas cos apuntes ou documentación que deixei na sala de ordenadores. Habería que revisalos e que me plantexedes dúbidas, suxestións, contradiccións, ou o que pensedes necesario para resolver todas as cuestións.Son o material de traballo da materia.
marotlo

Anónimo dijo...

Se tendes algún problema coa páxina, escribídeme ao correo electrónico.
- Nesta semana os grupos que non me entregaron o tema debate/artigo teñen que enviarmo nesta semana (do 26 ao 31 de xaneiro) ao correo electrónico.
marotlo

Anónimo dijo...

Calendario para os proxectos de Deseño:
- entrega e subida ao servidor: luns, 9 de marzo, 17:00 horas, na AI6
- presentación dos proxectos:
mércores, 11 de marzo, 17:00 horas, na AI6.
marotlo