viernes, 27 de marzo de 2009

A miña opinión (P. Fernández Pena)

Primeiramente, e antes de comezar coa valoración das páxinas, gustaríame dicir que concordo absolutamente co exposto por Lois perante a valoración da nosa páxina. Somos conscientes de que o aspecto estético non é o que prima nela, mais esa era precisamente a nosa intención: Non dar preeminencia á forma e si ó contido. Guioniza está enfocada a un público moi concreto interesado en dar a coñecer ou en atopar material de traballo. Por tanto, cremos que que dar peso a elementos innecesarios non ten cabida neste proxecto.

Radioactivos:

Positivos:

-Presentación interesante.

-Posibilidade de conectar coas principais emisoras (aínda que só sexa o acceso á súa páxina web)

-O apartado de neste momento podes escoitar (sería máis interesante se fose cambiando en función da hora na que se visitase a páxina)...

Negativos:

-Esquécese de moitas propostas alternativas de radio.

-Non hai moito contido (a maior parte son enlaces)

-Creo que é unha páxina que podería ter un serio problema de público obxectivo.

Valoración: 7,75


Quetequero:

Positivos:

-Uso do flash.

-A temática e o tratamento que se lle dá.

-Os debuxos.

Negativos:

-Creo que as cores non están ben elixidas.

-Que os resultados dos tests sexan fixos.

-Falta dun apartado sobre métodos anticonceptivos.

Valoración: 8,5


Tuttifrutti:

Positivos:

-Bastantes contidos propios.

-É unha páxina destinada a un público moi concreto.

-A idea de desenvolver merchandising propio.

Negativos:

-Que sendo un grupo musical, a música ten pouca presencia.

-A marxe en branco da dereita.

-A idea de facer un grupo musical non é a máis orixinal das propostas de clase.

Valoración: 7,75


Ken and the Dolls:

Positivos:

-Desenvolver un grupo completamente.

-A creación dun myspace propio.

-As cancións do grupo.

Negativos:

-Non me convence a estética da páxina.

-A música empeza automaticamente ó volver á páxina de inicio.

-A idea de facer un grupo musical non é a máis orixinal das propostas de clase.

Valoración: 8,75


Zapa:

Positivos:

-A presentación

-O uso da música.

-É unha páxina cun acabado profesional.

Negativos:

-O fondo non me convence.

-A animación é un pouco mareante.

-Quizais non sexa o máis orixinal dos temas.

Valoración: 9,25


Antesala:

Positivos:

-A orixinalidade da idea.

-A creatividade que tódolos apartados.

-O uso de photoshop.

Negativos:

-Tarda en cargar.

-As imaxes ten pouca resolución.

-As cancións non se escoitan moi ben.

Valoración: 8,5


Minilab:

Positivos:

-A orixinalidade da idea

-O uso da cor.

-A tipografía.

Negativos:

-A conta atrás do comezo non leva a ningures.

-As fotos son demasiado pequenas.

-Non creo que o concepto de empresa estea ben desenvolvida.

Valoración: 7,5


Oitenteiros:

Positivos:

-Vídeo.

-Música é a tipografía.

-Diversidade de apartados.

Negativos:

-Pouca sutileza ó recortalas imaxes.

-Apartados demasiado baleiros.

-Tipografía.

Valoración: 8


Ao límite:

Positivos:

-É unha boa idea.

-Está destinada a un público moi concreto.

-O uso dos botóns.

Negativos:

-A pantalla de inicio debería permitir ter unha visión global da páxina.

-É demasiado infantil para ó público á que vai dirixida.

-Poucos apartados.

Valoración: 7,5


Wonderful 5:

Positivos:

-Estética.

-Os personaxes teñen personalidade propia.

-A música.

Negativos:

-Ten poucos apartados.

-Non me convence que as fotografías pasen de maneira automática.

-Non creo que sexa unha boa forma de presentar unha empresa de seguridade e moito menos que sexa publicidade viral.

Valoración: 7,25


Guioniza:

Positivos:

-Está enfocada a un público concreto.

-Ten por obxectivo a máxima utilidade.

-Apoiase en contidos creados polos alumnos de comunicación.

Negativos:

-Podería ser máis dinámica.

-Quizais poderían estar presentes máis imaxes reais.

-Podería ter guións de máis alumnos.

Valorización: 8,5


9 comentarios:

Anónimo dijo...

Ante todo grazas por facer o esforzo de avaliar os traballos dos outros grupos. O obxectivo da avaliación grupal era que asumirades certas responsabilidades, a sabendas, que tamén entre vos existe a endogamia e que a obxectividade representa unha cualidade difícil de medir e interpretar. Está ben o debate de criterios, pero penso que non é boa sinal apelar ó compañerismo. Tratábase de que forades un pouco sinceros e que eso non implicase malos rollos. As veces non resulta doado.
Estou repasando as vosas apreciacións. A seguinte mensaxe xa serán as miñas valoracións.
"A creatividade non é sacar un coello dunha chistera. A creatividade é algo minucioso que require comprender con profundidade qué é o que se ten entre máns. Desmenuzar o foco sobre o que se desexa actuar e diseccionalo é un paso obrigado para conseguilo" (Fernando Trías de Bes).
Moitos momentos de creatividade para todos e todas.
marotlo

Anónimo dijo...

Felicidades polo esforzo de avaliar os proxectos, a pesar das reticencias e da tendencia, non sempre útil, a preservar as boas relación entre compañeiros. Felicidades polo traballo. Todos os proxectos teñen garantido o aprobado. O esforzó é evidente e a contrapartida, tamén. Dito isto, hai grupos, e é un feito obxectivo, que puxeron un maior empeño que outros. Hai grupos que barallaron ideas e que tentaron poñelas na práctica, con maior ou menor fortuna, pero arriscáronse e percíbese un maior grao de implicación na tarea a desenvolver. E hai outros que optaron pola vía máis cómoda. Non se complicaron moito a vida. E iso vese perfectamente nos traballos e iso védelo todos á perfección, por moito que sexa unha obriga e un disgusto enfrontarse a un proceso avaliador. Era lóxico que as notas acabaran por sobrerecargarse de voltios de simpatía e non de distanciamento. A camaradería xoga fronte á taimada obxectividade. Iso percíbese, simplemente, revisando as valoracións e as cualificacións de cada proxecto. As veces fronte a proxectos co mesmo esforzó na construcción e plasmación, encontro notas dispares e sorprendentes pola enorme contradicción. Insisto. Era previsible.
En todo caso, y ó contemplar os argumentos sobre os que se basearon as notas, eu son responsable de non ter insistido en aclarar determinados aspectos do deseño web, de non ter feito fincapé nos rasgos básicos do que parte o deseño web, por non ter examinado con máis detenemento os elementos que hai que ter en conta para controlar a realización compositiva. Só espero que os apuntes que faga os podades reutilizar. Enoraboa.

Lembrade que en 2009 se celebran dous cumpleanos:
- o vinte aniversario da aparición da World Wide Web, da mán de Tim Berners-Lee e Robert Cailleau
- o cuarenta da posta en marcha da rede Arpanet, precursora de Internet, gracias ò protocolo de comunicación TCP/IP, inventado por Vinton Cerf e Robert Kahn
Entrevista con vinton Cerf en Público (23/4/09), http://www.publico.es/ciencias/tecnologia/220817/operadoras/policias/internet

Anónimo dijo...

Hipertexto 1
A estrutura webb aséntase sobre 3 pilares sustanciais e absolutamente imprencindibles. Unha páxina, un documento, unha pantalla –como queirades chamar ó espazo de traballo- debe incorporar sempre unha resposta ás seguintes interrogantes:
1. ¿Onde estou?
2. ¿Qué hai aquí?
3. ¿A onde podo ir?
O PRIMEIRO reflicte a marca, a identificación, o nome, o logo, a entidade, a empresa, a organización, a identidade do sitio. O segundo, o contido, a oferta, os servizos. E o terceiro representa o índice, o menú, a lista de navegación. Ë a composición en tres paneis da que falaba xa en 2001 o deseñador estadounidense Jeffrey Veen. Esos tres paneis poden estar situados, dentro do lenzo ou pantalla, onde queramos, poden ter o aspecto que prefiramos, pero sempre teñen que estar presentes. Da igual que na pantalla aparezca unha foto, un debuxo, un párrafo, un aviso ou un guión. A forma de deseñar o panel do logo e da navegación evidencia tamén a identidade estilístico-compositiva do sitio.
NON sirven botóns e/ou flechas que digan ou indiquen atrás/adiante, botón de volver, ou de pincha aquí para entrar ou similares ou como tampouco se pode traballar contando cos botóns do navegador. Da igual que existan páxinas que usen ese tipo de indicacións. Todo aquel elemento que condicione a navegación é contrario ó hipertexto. Si como sistema de exploración opto botón atrás ou adiante estou impoñendo unha ruta única, lineal, secuencial. E o discurso hipertextual é aberto, non lineal, non secuencial, diverso, complexo.
marotlo

Anónimo dijo...

Hipertexto 2
O USUARIO en cada páxina/ pantalla/ documento ten que sentirse autónomo para tomar decisión e ir, deambular e experimentar como prefira. Esta simulación de libertade consíguese cun menú de navegación consistente e visible en todas e cada unha das páxinas que formen parte do proxecto web. O outro é marcar a viaxe, a ruta. Os enlaces teñen que permitir a construcción de itinerarios propios, alleos á vontade do autor do sitio, quen ofrece as distintas posibiliddes de actuación ós internautas.
O HIPERTEXTO (estrutura que planea na cultura occidental dende 1945 cando Vannevar Bush publicou o artigo As We May Think y, en 1969, Theodor H. Nelson inventa o termo hipertexto) significa texto que se ramifica, que permite moitos camiños de lectura, sendo o lector o que elixe a forma de acceso, evidentemente, a partir dos vínculos que conforman o menú de navegación, imprescindible en cada pantalla, como xa expliquei antes.

Anónimo dijo...

Hipertexto e 3
DESPOIS van aparecendo outros problemillas: enlaces que non funcionan; páxinas orfas sin sistema de navegación, sin logo de identificación, nomes de arquivos imposibles; páxinas que aparecen no navegador como “documento sin título”; consolas de música que non son manexables; músicas de fondo que non se poden acallar; elección de tipografías pouco lexibles e que obstaculizan o acceso ós textos; imaxes que non pasaron polo Photoshop e que se cargan lentamente, ralentizando tamén a descarga da páxina completa; vídeos demasiado grandes que tamén se descargan con certa lentitude; imaxes de mapas de bits ampliada máis alá das súas dimensións orixinais e que aparecen pixeladas (as imperfeccións son menos visibles se os recursos son pequenos ou senón habería que traballar cada pixel individualmente para borrar os defectos); músicas que non se escoitan (polo menos, a mín); enlaces con enderezos erróneos ou proxectos que non se visualizan (aló menos, a mín).
Ó ANALIZAR os traballos hai que ter en conta o contido e o deseño. Ambas dimensións conforman unha unidade, unha entidade, unha identidade. Un deseño chamativo, un deseño sobrio, un deseño sinxelo ou calquera outro estilo respostan a un contido determinado. E ambos aspectos son necesarios e relevantes para o producto final. Contido e deseño forman un tándem único e ambos teñen que respostar as expectativas. Hai deseños pouco traballados porque tamén hai contidos pouco coidados. Houbo ideas moi ambiciosas que se espuxeron na clase como futuros proxectos a realizar, e que despois, na práctica, quedaron bastante mermadas. E iso nótase.

Anónimo dijo...

A nota do voso proxecto é un 7
marotlo

Anónimo dijo...

Se queren facer algunha consideración sobre a nota do proxeto, horario de titorías e, e calquera momento, se estou polo centro. Tamén espero que leran as distintas mensaxes que fun deixando.
marotlo

Anónimo dijo...

Deixo unha animación realizada por Fran que era inicialmente para ese curso que houbo que suspeder por falta de interasados
http://www.youtube.com/watch?
v=qwsBFtIkNrc&feature=
channel_page
marotlo

Anónimo dijo...

A nota desta parte do exame fai media coa parte de Pedro. Un catro sería un aprobado para ambas pares.
Para a revisión, podedes vir o luns de 10:30 a 13:30 e o mércores de 17:30 a 20:30 da semana próxima.
Pablo, 6
Luis, 4
Andrés, 5
Gonzalo, 6,5
marotlo