viernes, 27 de marzo de 2009

Puntuacións do Señor Lois

Antes de nada, e despois de botar un vistazo ás notas xa subidas polos membros do resto de grupos, querería resaltar un par de cuestións que me chamaron a atención en canto ás críticas a Guioniza.

En primeiro lugar, non temos enlaces externos, son páxinas propias que abren en outra ventana, por cuestión de comodidade na lectura de guións.

En segundo, a páxina prantéxase como unha plataforma de lanzamento de guionistas e proxectos, co cal, o posiblemente aburrido da lectura dos guións, soamente o será para quenes non estén interesados no propio contido da páxina. Non é unha páxina de entretemento. Non era a nosa intención agradar ao público xeralista, senón a un target profesional definido.

En terceiro e último, recoñezo o pouco atractivo a nivel colorista, animacións e sons da páxina, pero preferimos optar por un aspecto sobrio, serio e de fácil navegación fronte a un estilo sobrecargado que leve a confusións sobre o contido da páxina.

Simplemente era unha defensa para a nosa páxina, que considero mal xulgada en moitos casos, demasiado puntuada pola estética e pouco observado o prantexamento do que pretende ser en sí mesma e os contidos que pode chegar a ter en lugar dos que ten, que sinxelamente funcionan como unha proba dunha páxina e que medraría en contidos coa inclusión de máis guións se a xente estivese interesada en subilos (e para esto habería que velo unha vez subida a internet e en funcionamento real).

Sen máis, ahí vai a puntuación:


Tutti Frutti
8.0

A FAVOR

Cantidad de seccións
Merchandising
Credibilidade de ser unha web dun grupo real

EN CONTRA

Excesivamente infantil
Biografía moi simple e forzada
Pouco aproveitamento da pantalla


Ken & The Dolls
8.0

A FAVOR

Aspecto profesional
Inclusión de temas
Credibilidade de ser web de grupo real

EN CONTRA

Presentación moi forzada
Sesión fotográfica pouco interesante
Demasiados temas para posible descarga individual


Zapa
9.0

A FAVOR

Menú interesante
Bó aspecto
Cantidade de información

EN CONTRA

Falta o nome das páxinas
Carga demasiado lenta
Pouco aproveitamento da pantalla


Artesala
8.5

A FAVOR

Bó acceso ás distintas seccións en todo momento
Gústanme as versións que fan
Gústame a sección dos autores

EN CONTRA

Flash demasiado pixelado
Navegación lenta
Falta o nome das páxinas


Minimalab
8.5

A FAVOR

Aspecto lóxico en relación ao contido
Tratamento de diversas artes
Navegación cómoda

EN CONTRA

Carga as cancións ao mesmo tempo
Pouca profundización en cada sección
Intro insulsa


Oitenteiros
7.5

A FAVOR

Bó aproveitamento da pantalla
Acceso cómodo
A inclusión de determinados contenidos

EN CONTRA

Hai demasiadas páxinas similares
Pouca documentación sobre os anos dos contenidos
Poucos contenidos


AoLimite
8.0

A FAVOR

Contenidos bastante interesantes
Acceso ás distintas seccións en todo momento
Diseño diferente en cada sección

EN CONTRA

Sobrecarga visual
Posibilidade de integrar máis contenidos
Diseño dos contactos, non me gusta


Wonderful 5
7'5

A FAVOR

Plantexamento orixinal
Estética atractiva
Navegación bastante áxil

EN CONTRA

Pouca claridade respecto á idea
Falta de contenidos
Uso das imáxes da zona fan nas biografías.


Guioniza
9.0

A FAVOR

É un bó lugar para dar a coñecer a guionistas e proxectos
Navegación simple e intuitiva
Información útil

EN CONTRA

Dificultade de restriccións de uso dos guións
Aspecto un pouco aséptico
Falta de información acerca da idea


Radioactivos
7.5

A FAVOR

Resulta útil o ter tódalas informacións das programacións e emisións na mesma páxina
O deseño é coherente
A navegación é cómoda

EN CONTRA

Non hai contidos propios, ni sequera adaptados de outras páxinas
Non entendo por qué so se consideran formatos eses cinco espazos
Só ten información das canles xeralistas


Que Te Quero
8.5

A FAVOR

Algunhas das curiosidades son interesantes
A navegación faise moi cómoda
Ten contidos divertidos

EN CONTRA

Estilo sobrecargado
Excesivamente frívola
Non deixa de ser unha páxina que só funciona como curiosidade

2 comentarios:

Marinis dijo...

Lois!!! No nos puntuaste a nosotras ni a Radioactivos!!

Luis E. Froiz dijo...

Hey, pois non sei que pasou, porque soamente peguei as votacions tal e como as tiña en Word. Actualizo!