viernes, 27 de marzo de 2009

Puntuación das Webs; by Palo (Gonzalo)

Tras o comentado na anterior entrada por lois limitaréime a realizar a miña valoración das páxinas dos diferentes grupos:


Radioactivos
: 7.5

PROS
- Accesibilidade da información.
- Facilidade de navegación.

CONTRAS
- Excesivo número de enlaces externos.
- Fondo demasiado sobrio.


Quetequero: 9.5

PROS
- Boa animación de inicio.
- Facilidade de navegación.
- Orixinalidade da idea.

CONTRAS
Resultados dos tests.
Demasiado rosa e púrpura xD.


Zapa: 9.5

PROS
- Mérito de facelo entre 2 persoas
- Bo inicio.
- Tipografía moi ben escollida.

CONTRAS
- Tárdase moito en cargar a páxina de inicio.
- As cores das letras nalgúns apartados non terminan de casar coa web.
- O foro non está na páxina.


Artesala: 7.5

PROS
- As fantásticas montaxes xD
- Contido moi atractivo.


CONTRAS
- Imaxe de non moi boa calidade.
- Algunha cousa tarda en cargar.
- Algunha info aparece desplazada respecto ao fondo.
- Tarda demasiado en arrancar.


Tuttifrutti: 7.75

PROS
- Orixinalidade da idea.
- "Fiesta Tuttifrutti" xD (despojaros de vuestra dignidad de esa forma tiene que ser un "pro" =P).
- Apartado de noticias: as noticias son simpáticas e non moi longas.

CONTRAS
- Fondo pouco atractivo.
- Logo e tipografía.


Ken & The Dolls: 8

PROS
- O fondo de vaca mola mazo xD.
- As cancións simpáticas e teñen certa mordacidade.
- Facilidade de navegación.
- Bo inicio.

CONTRAS
- Víase demasiado por donde ían ir os tiros xD.
- Bótase de menos algunha sección que aporte personalidade á web.


AoLímite: 7.5

PROS
- Contido moi interesente para os estudiantes que temos vida social.
- Facilidade das recetas.
- Facilidade de acceso ás seccións da web en todo momento.

CONTRAS
- Excesiva animación (odio a ese pavo epiléptico xD).
- Falta de orde.
- Imaxes demasiado grandes.
- Demasiado scroll.


Wonderful 5: 7.75

PROS
- Orixinalidade da idea (gustóume bastante).
- Música chula (Muse mola mazo xD)
- Logo, tipografía e cores moi ben escollidos.

CONTRAS
- Imaxe de inicio demasiado grande.
- Galería de fotos algo insulsa.
- Cansa que a canción inicie cada vez que entras nunha sección.
- Falta de contido.


Oitenteiros: 8

PROS
- Video inicial moi simpático e con boa resolución
- Contido marabilloso.
- Descripcións breves e acompañadas de enlaces a videos (que se agradecen)
- Facilidade de navegación.

CONTRAS
- Scroll inútil na páxina de inicio (antes de cargar)
- A páxina de inicio tarda demasiado en cargar.
- Non deixar o opening de Baywatch completo xD


Minimalab: 8.5

PROS
- Facilidade de navegación.
- Boa tipografía e cores.
- Contido interesante.
- A orixinalidade na colocación do menú resultóume interesante.

CONTRAS
- A conta atrás creoume unhas expectativas que non se viron satisfeitas.
- Toda a música comeza á vez.
- Fotos demasiado pequenas e sen posibilidade de agrandalas.


E por último.. Guioniza: 8.5

PROS
- Orixinalidade e interese dos contidos.
- Facilidade de navegación.

CONTRAS
- Estética pouco atractiva.
- Falta de material multimedia así como de proxectos e guións (a respecto disto último teño que dicir que non puidemos conseguir máis pese a que insistín en que se me enviaran ao meu correo electrónico).


Con isto está todo, espero que pasedes unha boa fin de semana e se tedes algunha discrepancia coas miñas valoracións non vos cortedes en comentarmo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pensade que a orixinalidade sempre ten algún premio. Pero para ser orixinal e creativo hai que traballar. A inspiración romántica non existe, agás, en moi, moi contadas ocasións.